Concello das Neves

Día das persoas usuarias da Biblioteca

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O pasado martes 11, data na que se conmemorou o ‘Día das Persoas Usuarias das Bibliotecas’, o Concello das Neves agasallou as dúas usuarias que máis préstamos bibliotecarios realizaron durante o ano 2021. Foron dúas cativas que visitan a Biblioteca Municipal con moita asiduidade e que de seguro son embaixadoras da lectura.

Dende o Concello animamos a darse de alta como persoas usuaria da Biblioteca, para acceder a todos os servizos presencias e dixitais da nosa biblioteca, e do resto da Rede de Bibliotecas de Galicia.

O sistema para darse de alta é sinxelo: pódese facer de xeito presencial nas dependencias da Biblioteca Municipal das
Neves, cubrindo un impreso e nun día estará listo o carné que é gratuíto, persoal e intransferible..

Ademais, a Biblioteca dispón de rede WiFi e dunha zona que pode ser usada para lectura ou estudo, e a sala pódense usar libremente calquera dos materiais que forman a nosa colección.

Podes atopar toda a información sobre a Biblioteca Municipal aquí: https://i.gal/biblioteca

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email