Concello das Neves

Reunión mensual do Consello Climático Asesor Xuvenil das Neves

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Consello Climático Asesor Xuvenil das Neves reuniuse, de novo, no IES Pazo da Mercé, para tratar distintas cuestións que teñen que ver co medioambiente, a súa conservación e varias iniciativas que pretenden influir na mentalización da importancia dunha acción climática axeitada.

Día Internacional da Auga

Entre eles, decidiuse empezar a traballar arredos da celebración do ‘Día Internacional da Auga’, o 5 de marzo, que ten como obxectivo chamar a atención da poboación sobre a importancia da auga doce e a xestión sostible deste recurso que, non podemos esquecelo, é limitado. Un dato esencial: o 71% da superficie terrestre está cuberta de auga, pero so o 2% é potable.

‘Axudas ‘1Planet4All’

O Consello propón concorrer á convocatoria das axudas 1Planet4All para proxectos de acción climática
liderados por sente moza para a realización de diferentes actividades de abril a agosto: plantación de árbores, actividade de barranquismo no monte Aloia, rafting no río Miño.

Xuntanza co concelleiro de Medio Ambiente

Programar unha sesión co concelleiro de Medio Ambiente, Óscar para darlle a coñecer as propostas elaboradas para desenvolver desde o Concello.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email