A concelleira de Servizos Sociais das Neves, Pilar González Casas, asistiu este martes á inauguración do novo Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Avelaíña en Ponteareas.
Moderno e amplo, dispón de 314 m2- incluíndo unha sala de equipo, despacho para a psicóloga, un obradoiro ocupacional e sala polivalente-, na Rúa Dos Carballos, número 9.
Ubicado preto da estación de autobuses, facilitará a asistencia ó centro o tratarse dun territorio eminentemente rural, con gran dispersión e carencias no transporte, facilitando así a súa autonomía e inclusión na comunidade.
O acto que tivo lugar ás 10:30h e contou coa presenza do Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, autoridades sanitarias e membros das corporacións locais, Xunta Directiva, familiares, usuarios e técnicos das diferentes delegacións da Asociación, comenzaba co recibimento de todos os invitados para proceder o descubrimento da placa por parte do Conselleiro de Sanidade.
Posteriormente a Responsable do Centro, Lorena Francisco, fixo unha visita guiada polas instalacións, finalizando coa intervención das diferentes autoridades.
María Fernanda Orduna Vela, Presidenta da Asociación, afirmou que contar cun centro como éste é unha boa noticia para Avelaíña, e agradeceu a aportación da Consellería de Sanidade e dos Concellos xa que permitiron facer realidade esta estructura que tanto necesitaban os nosos usuarios.
Julio García Comesaña, Conselleiro de Sanidade, aproveitou o acto para anunciar unha noticia moi esperada por todos: a apertura da Unidade de Saúde Mental para o mes de abril en Ponteareas.
Atención de persoas con enfermidade mental
A apertura deste dispositivo supón un salto cualitativo na atención das personas con enfermidade mental nestas comarcas, xa que xorde como consecuencia da saturación do Programa Achego, pola necesidade dunha atención máis continuada.
Este programa que se ven desenrolando dende o 2016, como unha iniciativa pioneira nestes territorios, daba por primeira vez unha resposta innovadora á necesidade de atención especializada en saúde mental no rural, partindo dun entorno socio familiar e comunitario máis preto das personas afectadas.
Con estas novas instalacións, preténdese mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e das súas familias, así como manter a persoa con enfermidade mental no entorno comunitario, dar apoio ás familias e prestar servizos de rehabilitación psicolóxica e social mediante unha atención integral.