Concello das Neves

Comezou nas Neves o programa ‘Coidados Porta a Porta’

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Consellería de Política Social comezou hoxe nas Neves o programa «Coidados Porta a Porta», que presta, de xeito gratuito, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores, en unidades móbiles que estarán nas Neves, este mércores, día 4, o xoves, 5 e o venres,  6 de maio, nos arredores do Centro de Saúde.

Solicitude de cita

Os servizos préstanse, preferentemente baixo cita previa -que pode pedirse chamando ao teléfono 622 748 283 ou por correo electrónico a  coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal–  e son os seguintes:
 Servizo de Audioloxía: consistente en revisión e valoración auditiva.
 Servizos de podoloxía: para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas)
 Servizos de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Consistente en: realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email