Concello das Neves

O alcalde mantivo unha reunión de traballo coa conselleira de Infraestruturas

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Xosé Manuel Rodríguez plantexou a Ethel Vázquez a necesidade de mellorar o acceso á parroquia de Setados, no Carboeiro, tal e como reclaman os veciños dende hai máis dunha década

O alcalde das Neves, mantivo unha reunión de traballo en Santiago coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para tratar varios temas pendentes que afectan ao concello.

Unha demanda histórica das veciñas e veciños de Setados

O principal foi a necesidade de construir unha nova rotonda na estrada PO-400, para calmar o tráfico e facilitar o acceso a Setados. 

Trátase dunha demanda histórica das veciñas e veciños que reclaman, dende hai unha década, máis seguridade, medidas de redución da velocidade e mellora de regulación do tráfico nun punto de alta intensidade de tráfico, procedente tanto das Neves como de Arbo e Salvaterra.

Neste sentido, a conselleira informou ao alcalde que está en marcha o proceso de expropiación dos terreos para a construción da rotonda, paso esencial para solucionar un problema que é unha prioridade para os habitantes da parroquia.

Mobilidade e seguridade peonil

O alcalde tamén plantexou á conselleira a necesidade dunha actuación integral para a mellora da mobilidade nas Neves. A mesma abrague a construcción dunha rotonda no acceso a As Neves no entroque da PO400 coa PO415 ao final da rúa Esperanza e a humanización desta, a reforma do treito entre a rotonda do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e o acceso á Eira da Liñaza, garantindo a seguridade do entorno escolar e no acceso a zona urbana e dignificando a chegada a As Neves dende unha vía autonómica.

Do mesmo xeito, Xosé Manuel Rodríguez lembroulle a Ethel Vázquez o compromiso de construción dunha senda peonil entre o Instituto e a popularmente coñecida como ‘rotonda do Montesol’, que da acceso ao centro da vila. O feito de poder contar coa mesma posibilitaría completar a conexión entre o IES e o colexio, de xeito que o treito entre os dous centros de estudos se fixese a pé, contando coa máximas garantías para os peóns, regulando o tráfico de vehículos no entorno dos dous centros, nas dúas entradas das Neves e darlle a este espazo a consideración de ‘travesía urbana’ que uniría os parroquias de Tortoreos e Setados.

Complemento dos proxectos actuais

A realización destas melloras completaría os dous proxectos que o Concello ten en marcha na actualidade. O primeiro é a reforma da entrada dende a estrada de Ponteareas -na rotonda do Conde– que inclúe novas beirarrúas, máis ancho de calzada, humanización do entorno, unha nova parada de autobús e maís espazos verdes, e que será unha realidade a finais deste mes de agosto.

O segundo é a humanización da Eira da Liñaza, unha das grandes obras da historia do concello, que conta cun orzamento de case 400.000 euros, dos que a Deputación achega 359.798 e o Concello das Neves algo máis de 39.000.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email