Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, participou na sinatura da Acta de Recoñecemento da Liña Fronteiriza do Miño, xunto coas alcaldesas e alcaldes de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra de Miño e Arbo, da beira galega, e Caminha, Vilanova de Cerveira, Valença e Monçao, da marxe portuguesa.
No acto tamén estiveron presentos a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba e membros da Armada e a Marinha dos dous países.
A sinatura, ademáis de visitar a parte fluvial da fronteira, serve para cumprir co artigo 15 do Tratado de Lisboa, do ano 1864, que define a liña fronteiriza, e fíxose no medio do Miño, logo de que as alcaldesas e alcaldes galegos embarcasen na nave ‘Cabo Fradera’, e os portugueses o fixeran no patrulleiro ‘Río Minho’.
Para o alcalde das Neves, este encontro serviu para estreitar os lazos que agrupan aos cidadáns galegos e portugueses e para ratificar, de novo, que entre nós non hai unha fronteira, senón un territorio común, un lugar de convivencia entre irmáns.