Concello das Neves

Avanzan as obras en tres pistas de Santiago de Ribarteme, Taboexa e San Xosé de Ribarteme

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Tal e como se informara hai un mes dende o Concello, avanzan as obas de reasfaltado de tres pistas en tres parroquias das Neves, logo de que o Goberno local obtivese unha subvención do ‘Plan Marco’ da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

Os traballos lévanse a cabo no Camiño do Outeiro, en Taboexa, nun total de 222 metros a 4 metros de ancho, acometendo tamén o realce de tapas nas pistas e marcas viales.

Tamén no Camiño de Zafal, en San Xosé de Ribarteme, en 383 metros, cunha media de máis de 4 metros de ancho, eno Camiño de A Bouza, en Santiago de Ribarteme, nunha superficie total de 242 metros a 3.5 metros de ancho.  Na mesma está prevista a renovación dunha tubaxe atravesando a pista.

Estes traballos contan cun orzamento total de 63.385,78 euros.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email