Concello das Neves

O Concello das Neves segue adiante coa mellora do servizo de limpeza e tratamento do lixo e consegue 25.000 € de subvención para a mellora do Punto Limpo

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Concello das Neves vén de conseguir 25.000 euros de subvención da Xunta de Galicia para a realización de melloras no ‘Punto Limpo’.

As mesmas consistirán la ampliación da zona adicada reservada a residuos perigosos; a renovación do peche exterior; a mellora da seguridade, coa instalación de novas cámaras, e a compra de colectores.

Novo tratamento do lixo

Dende o ano 2015, o Concello leva a cabo unha xestión distinta no tratamento do lixo. Nos últimos anos creáronse áreas de reciclaxe, colocáronse  contedores de recollida selectiva, envases, cartón, vidro, roupa e aceites. Actualizouse e deuse de alta o ‘Punto limpo’, que agorá é o lugar para a valorización dos residuos. Ademais, púxose en marcha un servizo de recollida de voluminosos.

Plan Revitaliza

Ademáis impulsouse o ‘Plan Revitaliza, que aposta por converter os biorresiduos en compost sen entrar no ciclo de recollida e tratamento de residuos. Así, nestes anos triplicáronse as toneladas de envases recollidas. En cifras, no ano 2015 foron tan só 15 toneladas, mentres que no 2021 o total achegouse ás 55 toneladas de envases plásticos.

A principios deste ano, dando un paso máis na xestión do lixo, dende primeiros de 2022 o Concello asumiu directamente a xestión do servizo de recollida de envases plástico, que ata agora prestaba a empresa privada Urbaser.

Camión 

A finais de 2020, o Concello adquiriu un novo camión do lixo destinado a mellorar o  sistema de recollida da fracción resto reducindo  unha das 6 rutas existentes, engadindo a posibilidade de pasar a facer a recollida do contedor amarelo de envases. Esta adquisición serviu, tamén, para alongar a vida útil do outro camión e avanzar na redución dos niveis de contaminación.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email