Concello das Neves

As Neves, xunto con outros 12 concellos, urxe á Xunta a declaración de a zona de Emerxencia polos temporais

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Alcaldesas e alcaldes de trece concellos do sur da provincia de Pontevedra afectados polas inundacións sufridas o pasado Nadal e Aninovo, urxen á Xunta de Galicia que declare o territorio como Zona de Emerxencia de Protección Civil e estableza medidas de apoio económico para asumir a rehabilitación dos municipios.

Carta ao presidente da Xunta

Xusto cando se cumpre un mes desta catástrofe, as rexedoras e rexedores da Cañiza, As Neves, Mondariz, Ponteareas, Salceda de Caselas, Tui, O Rosal, Tomiño, A Guarda, Baiona, Nigrán, Gondomar e Redondela enviaron unha carta conxunta ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, amosando o seu malestar «por unha inexistente xestión por parte do executivo autonómico» ante as graves inundacións sufridas.

Gasto extraordinario

Unha «situación extrema para os concellos afectados e a súa veciñanza», xa que a reparación do importante número de desperfectos ocasionados en instalacións, estradas, muros… municipais está a provocar un gasto extraordinario e urxente de atender, tamén para a poboación, debido a que temporais e choivas asolagaron numerosas propiedades privadas individuais ou de comunidades veciñais e instalacións de pequenas e medianas empresas.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email