Concello das Neves

O Pleno do Concello aproba por unanimidade esixir á Xunta á mellora do acceso a Setados para acabar cos seus graves problemas de seguridade

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Pleno do Concello aprobou, co voto unánime de todas a súas concelleiras e concelleiros, esixir á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que execute, de inmediato, o proxecto de «Mellora da intersección do kilómetro 9+980 da estrada PO-400»- o cruce de Setados – para resolver os «graves problemas de seguridade viaria que padece a parroquia neste punto».

O Concello das Neves comprométese a aportar, se a Consellería o require, cando se asine o necesario convenio, a cantidade económica precisa para adquisición dos terreos necesarios.

Foi un veciño de Setados quen presentou a proposta ao Pleno –que pode lerse premendo aquí–  no que estiveron dacordo o Partido Popular, Bloque Nacionalista Galego, Partido do Socialista de Galicia-PSOE e concelleiro non adscrito, que amosaron o seu apoio á mesma, que recolle unha demanda histórica das veciñas e veciños de Setados e que culminará un longo camiño de xestións, reunións, contactos e propostas por parte do Concello das Neves ao Goberno de Galicia.

O alcalde resumiu o acordo amosando o seu «orgullo» pola entrega da xente de Setados que «no Pleno deste martes e estes meses atrás na rúa, fixo o necesario para reclamar o acceso seguro á parroquia».

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email