Concello das Neves

A Comunidade de Montes de Setados inviste 204.000 euros na senda peonil e na mellora e humanización da parroquia

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

As obras na senda peonil en Setados, impulsadas pola Comunidade de Montes, están en marcha. As mesmas teñen como eixe fundamental a humanización da contorna, comezando polos accesos ao aparcamento do Centro Sociocultural, na antiga escola, cedida polo Concello das Neves, que tamén vén de axilizar e facilitar a autorización e trámites para realizar estes traballos.

204.000 euros de inversión

En total, a Comunidade de Montes de Setados, inviste máis de 200.000 euros, para afrontar a mellora da senda peonil, a construción dos muros de contención na Escola e na escaleira e a creación duha zona de lecer no interior cunhas obras chegarán ata preto da Igrexa e que suporán unha importantísima modernización para o conxunto da parroquia.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email