Concello das Neves

O Goberno local informa aos responsables dos clubes de Fútbol Sala e Bádminton das Neves das reformas no Pavillón Municipal

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O alcalde, o concelleiro de Deportes e segundo tenente de alcalde, Óscar González, e a concelleira de Cultura e Mocidade, Rocío Barreiro, mantiveron unha xuntanza cos responsables do Clube Fútbol Sala As Neves, Víctor M. López,  e do Clube de Bádminton das Neves, Pablo Méndez, para informarlles das reformas no Pavillón Municipal, que plantexa o Goberno local, e que estarán centradas na completa renovación do seu equipamento enerxético.

Illamento

As mesmas, explicou polo miúdo o concelleiro de Deportes, abraguerán a reparación e selado da cuberta e faldróns verticais e o seu illamento; tamén o interior con paneis de fibras de madeira, resistentes aos impactos e que, ademáis aportarán illamento térmico e, ao mesmo tempo, unha mellora acústica.

Xeración eléctrica mediante placas fotovoltaicas

Así mesmo, renovarase a ventilación no falso teito dos vestiarios e realizarase a instalación de equipos de xeración eléctrica en cuberta. Para iso, o proxecto é colocar no teito sur unha instalación fotovoltaica de 25kW, ampliable, que servirá para dar cobertura á demanda de electricidade para iluminación, sistemas de seguridade, xeración de auga quente e climatización para os vestiarios.

A mesma completarase con equipos de climatización nos vestiarios, mediante un sistema de impulsión de aire frío-quente, por bomba de calor, composto por unha unidade exterior e unidades interiores para cada un dos vestiarios.

Uso deportivo e educativo

Para acometer esta reforma, tramítase unha solicitude de subvención ao Fondo de Coperación Local-  concretamente ao abeiro da ‘Liña 1-‘, que contempla investimentos destinados á mellora da eficiencia enerxéticas das infraestruturas municipais.

O Pavillón das Neves é un edificio mixto, xa que ademáis de ‘Equimento Deportivo’, pola súa ubicación e vinculación, emprégase como ‘Equipamento Educativo’, dado que no mesmo lévanse a cabo clases de educación física, actividades e tempos de recreo.

Así, o Polideportivo Municipal ten un uso moi polivalente, dende as actividades ligadas ós centros de ensino – está ao carón do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e da Gardería-, ata diferentes actividades para persoas de tódalas idades (fútbol sala, patinaxe, baloncesto, etc), pasando por ser a sede deportiva do Clube Bádminton As Neves, que compite a nivel estatal e do Fútbol Sala As Neves que compite a nivel autonómico.

Na actualidade, o Pavillón Municipal conta cun equipamento de máis de 1.700m2 construídos nun volume de 43x28m en planta, distribuídos nunha pista polideportiva, 4 vestiarios completos, 1 vestiario menor e dependencias auxiliares.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email