O Goberno local iniciará a reforma da antiga Escola da Estación. Así transmitíronllo aos veciños e veciñas o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e a concelleira de Culrura, Rocío Barreiro, nunha xuntanza mantida a semana pasada.
As obras, que contarán cun orzamento de 42.000€, integramente procedentes do ‘Plan Concellos 2023’ da Deputación de Pontevedra, abranguerán o cambio de carpintería exterior, a renovación interior, o cambio de fiestras e portas, incluíndo a instalación dunha corredoira no salón principal; a adaptación do baño para persoas con mobilidade reducida. Ademais, tamén, a substitución da instalación eléctrica.