A deputada provincial Victoria Alonso celebrou onte nas Neves o ‘Día Mundial Sen Coches’ visitando as obras da rúa de Rosalía de Castro, acompañada polo alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e os tenentes de alcalde, Marcelino Couto e Óscar González.
Financiada polo plan DepoRemse
A obra de Rosalía de Castro, financiada co plan extraordinario de seguridade viaria en vías municipais (DepoRemse), executouse no ano 2020 e serviu para humanizar a trama urbana entre o CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e a Praza de San Agostiño, poñendo todo este espazo público ao servizo das persoas.
Os traballos, permitiro que espazos que antes estaban completamente invadidos polos coches sexan hoxe paradigma de mobilidade á medida das persoas, «permitindo que podan camiñar, encontrarse e facer vida en espazos que antes resultaban perigosos porque estaban dedicados, case en exclusividade, aos vehículos”.