A Asociación Amigos de Galicia en colaboración co concello de As Neves, organiza un curso gratuíto de novas tecnoloxías orientado a persoas maiores co fin de facilitar o uso das ferramentas dixitais de uso diario que se impartirá en varias parroquias do concello.
Programa:
- uso das máquinas de quendas de centros públicos,
- funcionamento de caixeiros automáticos,
- uso dos teléfonos móbiles
- uso da App móbil do Sergas.
Horario : de 9.30 a 13 horas
Datas e lugares:
16 de maio- Taboexa. Centro Cultural
18 de maio- San Cibrán. Escola
19 de maio- As Neves. Centro de Servizos Sociais
20 de maio- Liñares. Escola
Prazo de inscrición: Do 25 de abril ao 9 de maio
Lugar de inscrición: Oficinas de Servizos Sociais. Teléfono 986 66 71 34 ou a través do correo servizossociais@asneves.gal