O alcalde das Neves asinou xunto cos rexedores de A Cañiza, Arbo, Crecente, e o presidente da Cámara Municipal de Melgaço, un protocolo de cooperación para crear, entre os cinco concellos unha «Eurocidade».
Xosé Manuel Rodríguez Méndez que a cooperación transfronteiriza é esencial para estreitar a unión persoal, social, histórica, cultural e económica que existe entre os habitantes do territorio formado por estes cinco concellos, a un lado e a outro do Miño.
A nova Eurocidade permitirá aproveitar e maximizar os recursos, contribuir á eliminación das liñas fronteirizas facilitando, ainda máis, as interrrelacións, axudará ao desenvolvemento do principio de cidadanía europea e fará ainda máis fortes os nós de amizade entre as vilas fronteirizas de Galiza y Portugal.