Concello das Neves

Aberta a inscrición para o Curso de Novas Tecnoloxías orientado a Persoas Maiores

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email
Asociación Amigos de Galicia en colaboración co concello de As Neves, organiza un curso gratuíto de novas tecnoloxías orientado  a persoas maiores co fin de facilitar o uso das ferramentas dixitais de uso diario que se  impartirá en varias  parroquias do concello.
 

Programa:

  • uso das máquinas de quendas de centros públicos,
  • funcionamento de caixeiros automáticos,
  • uso dos teléfonos móbiles
  • uso da App móbil do Sergas.
Horario : de 9.30 a 13 horas
Datas e lugares:
   16 de maio- Taboexa. Centro Cultural
   18 de maio- San Cibrán. Escola
   19 de maio- As Neves. Centro de Servizos Sociais
   20 de maio- Liñares. Escola
Prazo de inscrición: Do 25 de abril ao 9 de maio
Lugar de inscrición: Oficinas de Servizos Sociais. Teléfono 986 66 71 34 ou a través do correo servizossociais@asneves.gal
Facebook
Twitter
WhatsApp
Email