Concello das Neves

Aberto, dende hoxe, o prazo de reserva de praza para os ‘Campamentos de Verán’

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Dende este xoves, día 1, e ata o vindeiro 20 de xuño (os dous incluidos)  está aberto o prazo de solicitude de reserva de praza para os ‘Campamentos de Verán’ das Neves.

As familias interesadas deberán presentar nos Servizos Sociais do Concello, persoalmente, a través do correo electrónico servizossociais@asneves.gal ou por medio da sede electrónica do Concello:
* Solicitude de inscrición (ANEXO I) cuberta xunto coa seguinte documentación:
Ficha da/o menor participante (ANEXO II)
DNI do pai/nai/titor/a
DNI da/o menor ou libro de familia
Tarxeta Sanitaria da/o menor
Xustificante dos ingresos da unidade familiar do ano 2022 (mediante presentación da declaración da renda e/ou declaración xurada).
•Quen alegue necesidade por motivos laborais presentará a copia do contrato laboral das persoas que conforman a unidade familiar e o 6 certificado de empresa co horario de traballo ou declaración xurada do horario de traballo (ANEXO III).
Titulo de familia numerosa ou certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental, cando sexa de aplicación.
Xustificante de ter realizado o abono do prezo público na conta do Concello de As Neves: ES45 2080 5434 0731 1010 0021.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email