Concello das Neves

Bases para a realización da actividade Campamentos de Verán 2023 dentro do Programa ‘As Neves Concilia’

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Dentro das actividades programadas polos Servizos Sociais Comunitarios do Concello das Neves para o 2023, atópase a realización da actividade Campamentos de Verán 2023, dentro do programa ‘As Neves Concilia’, para as cativas e os cativos do noso concello.

No marco da política de igualdade de xénero e conciliación da vida laboral e familiar é unha necesidade organizar actividades desta natureza que faciliten a incorporación da muller ao mundo laboral e ao mesmo tempo asegurar que no verán os nenos e nenas ocupen o seu tempo libre de xeito proveitoso.

Por outra banda, o Concello ten a responsabilidade de promover o coñecemento e coidado dun entorno natural do que podemos estar tan orgullosas e orgullosos.

Por isto proponse un recurso educativo que permite aos nenos e nenas, a través de actividades lúdicas, coñecer máis o seu entorno natural e o seu coidado. Ao mesmo tempo, educarase cara un consumo responsable mediante o xogo, o pensamento e as actitudes nun proceso de ensinanza-aprendizaxe sempre baixo o lema “Coñece para valorar e valora para sustentar”. Asemade, permite aos nenos e nenas a posibilidade de realizar actividades de tempo libre no seu concello e compatibilizar os horarios
familiares, máis complexos nas vacacións escolares dos/as máis pequenos/as.

Nos seguintes enlaces están a documentación referida a esta actividade:

👉 Decreto Convocatoria e Bases Campamentos de Veran 2023

👉 ANEXO I

👉 ANEXO II

👉 ANEXO III

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email