Concello das Neves

Aberto o novo acceso rodado ao Centro de Saúde das Neves

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Concello vén de rematar as obras que iniciara hai algo máis dun mes para crear un novo acceso rodado ao Centro de Saúde das Neves.

Este novo acceso está xa aberto ao carón da actual entrada peonil, dende estrada PO-415. Dende agora, será a entrada de vehículos ao Centro de Saúde mentres que a anterior vía de acceso pasa a ser de saída.

48.000€ e un prazo de execución duns dous meses

Esta obra, que realízouse na súa totalidade con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, contou cun orzamento duns 48.000€.

As obras abranguen a mellora da actual entrada peonil; a ampliación da beirarrúa existente ata o final do edificio; o cambio do valado de seguridade por un novo- nos vindeiros días- e o repaso das liñas de delimitación dos actuais aparcadoiros.

Unha nova ‘senda peonil’

Neste proceso, vaise a eliminar un dos ‘carrís centrais’ do aparcadoiro baixo, polo que os peóns terán reservada unha ‘senda’ exclusiva para eles, delimitada no asfalto. Deste xeito, ao tempo que mellora a súa seguridade, facilitarase o acceso ás persoas que veñan e vaian camiñando ao Centro de Saúde.

Todas estas medidas servirán, ademais, para que todos os vehículos, en especial aqueles de transporte de viaxeiros que dan servizo ao Centro de Día, eviten dar a volta diante da entrada do Centro de Saúde o cal tamén rematará coa incomodidade das manobras e o posible risco na zona.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email