Rematado o prazo de inscrición para o ‘Taller de Defensa Persoal para Mulleres’, orientado a veciñas das Neves maiores de 12 anos, o Concello informa de que todas as solicitudes foron admitidas.
O taller comezará o mércores 2 de marzo ás 18.30 horas e impartirase os mércores e venres en sesións de 50 minutos, de 18.30 a 19,20 horas, na Sala Multiusos no Centro Social.
A duración será 1 mes, coa posibilidade de continuar coa empresa organizadora.