Concello das Neves

Aberto o prazo para solicitar praza en balnearios e talasos a través de ‘Depotermal’

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Logo de dous anos de parón por mor da pandemia, as persoas que desexen participar en “Deportermal” xa poden realizar as inscricións para poder desfrutar dunha das case 4.500 prazas que ofrece este programa de termalismo, impulsado  pola Deputación de Pontevedra.

15 días para facer a inscrición

Así, as persoas interesadas teñen un prazo de 15 días para presentar a súa solicitude tanto de xeito presencial, a través dos Servizos Sociais do Concello das Neves, pedindo cita chamando ao  teléfono 986 66 71 34 ou mediante correo electrónico a  servizossociais@asneves.gal e tamén a través do sitio web da institución provincial (www.depo.gal).

Persoas nacidas antes de 1972

O programa está destinado a persoas nacidas antes de 1972, pensionistas, persoas cun recoñecemento do grao de diversidade igual ou superior ao 65%, amais de aquelas que precisen dun respiro familiar.

3.186 prazas con pernoita e pensión completa

Do total das prazas, 1.248 serán para a opción de asistencia diúrna a balnearios, talasos ou spas durante cinco mañás ou tardes consecutivas. E delas 186 serán prazas reservadas para persoas en situación ou risco de exclusión social.

As restantes 3.186 prazas serán con pernoita e pensión completa de domingo a venres, das que 124 serán tamén reservadas para persoas en situación ou risco de exclusión social.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email