Concello das Neves

As Neves presente no Foro Galego Local de Economía Circular

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Concello das Neves asiste á primeira reunión do Foro Galego Local de Economía Circular (FOGALEC) que se está a celebrar en Santiago de Compostela.

FOGALEC nace dunha iniciativa conxunta entre a FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) e o FIREC (Foro de Intercambio de Coñecemento sobre Residuos e Economía Circular), para crear un espazo no que as entidades locais galegas poidan ter acceso a información e coñecemento á vez que poñen en común as súas experiencias e inquedanzas no eido da economía circular.

Nova lei de residuos e solos contaminados

Nesta primeira reunión estanse a tratar temas como a nova lei de residuos e solos contaminados para unha economía circular, a cal sairá publicada nos vindeiros días tras a súa recente aprobación nas cortes españolas, e do borrador do futuro regulamento de envases e residuos de envases.

Unha vila máis sostible

Deste xeito, As Neves pretende avanzar cara un horizonte máis sostible e respectuoso co medio que nos rodea, dado que actualmente tamén está a realizar un estudo técnico relativo á xestión e prevención de residuos municipais, tras resultar beneficiario dunha subvención enmarcada no Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email