Dende este xoves, día 15, a ta o venres, 23 de setembro, estará aberto o prazo de inscrición para os veciños/as maiores de 65 anos que queiran participar nos EXERCICIOS SAUDABLES PARA MAIORES, unha actividade organizada de outubro de 2022 a xuño de 2023, nas seguintes parroquias:
- As Neves
- San Pedro de Batalláns
- San Cibrán de Ribarteme
- Setados
As inscricións poden facerse:
- Nas dependencias dos Servizos Sociais Municipais
- Na Sede electrónica do Concello das Neves , premendo aquí
Documentación a presentar:
- Instancia cuberta e asinada descargar aquí: Solicitude exercicios saudables para maiores
- Xustificante de transferencia bancaria
- Concepto “exercicios saudables”
- IBAN: ES45 2080 5434 0731 1010 0021
Importante:
- A actividade levarase a cabo a partir dun mínimo de participantes
- O número máximo de participantes en cada grupo será de 15
- As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.