Comezan as obras de rehabilitación dunha vivenda na parroquia de Setados ao abeiro da subvención outorgada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Consellería de Medio Ambente, Territorio e Vivenda dentro do Programa de infravivenda do Plan RehaVlta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda, para o exercicio 2022.
- Expediente: P-IR-0014/22
- Orzamento: 14.997,95 €
- Dotación do IGVS: 14.248,05 €
- Dotación do Concello: 749,90 €
- Adxudicatario: Constuccións Rocha Novoa SL