Comezan as obras de rehabilitación dunha vivenda na parroquia de Santiago de Ribarteme ao abeiro da subvención outorgada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Consellería de Medio Ambente, Territorio y Vivenda, dentro do Programa de infravivenda do Plan RehaVlta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2022.
- Expediente: P-IR-0013/22
- Orzamento: 14.985,85 €
- Dotación do IGVS: 14.236,56 €
- Dotación do Concello: 749,29 €
- Adxudicatario: Construcciones Dubasa, S.L.