Concello das Neves

Ampliación do prazo para participar no concurso artístico do Condado Paradanta, ‘Visións do territorio’PARADANTA

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta, vén de ampliar o prazo do concurso artístico “Visións do Territorio”. Así, as persoas participantes poderán presentar as súas obras ata o 31 de xullo de 2022.

Este certame conta con 4 categorías de participación: fotografía, vídeo, pintura e deseño, e está dirixido a todo o público en xeral, tanto profesionais como afeccionados que deberán presentar pezas relacionadas co territorio do GDR Condado Paradanta.

Pack Experiencia 

O primeiro premio de cada categoría contará cun pack experiencia que consistirá nunha actividade a escoller entre turismo activo, visita guiada ou cata comentada máis unha cea para dúas persoas en algún establecemento SICTED do Condado Paradanta.

Tamén haberá un premio do público por categoría que consistirá nun lote de produtos locais. A obra máis votada de entre tódalas categorías, ademais do pack para dúas persoas será distinguida como a “Mellor obra artística do GDR Condado Paradanta 2022”.

As persoas participantes terán de prazo para presentar as súas obras ata o 31 de xullo de 2022 as 14:00 horas, no enderezo gdr@gdrcondadoparadanta.gal. Podes consultar as bases premendo aquí.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email