Concello das Neves

Convenio entre a Universidade de Vigo e o Concello das Neves

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O concello de As Neves ven de establecer un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo dentro do Programa Prácticas Campus Rural.

Grazas ao mesmo, un alumno da Facultade de Educación e Traballo Social, fará prácticas na EEI de Taboexa e nos Campamentos de Verándo 1 de xullo ata o 31 de agosto.
O obxectivo fundamental é contribuír á formación integral do alumno proporcionando unha experiencia no mercado laboral que lle permita afrontar novos retos, desenvolver novas habilidades e complementar as competencias adquiridas na aula cos aspectos prácticos que proporciona unha contorna de traballo real.

Actividades socio educativas promovidas polo Concello

Para isto colaborará nas actividades socio educativas promovidas polo Concello e dirixidas especialmente ás nenas e nenos do mesmo: apoio nas actividades de lecer e participación nas saídas didácticas organizadas pola Escola de Educación Infantil de Taboexa.
Facebook
Twitter
WhatsApp
Email