Concello das Neves

O alumnado do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, protagonista da Semana do Medio Ambiente que culmina este domingo

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O alumnado do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé foi o protagonista da semana do Medio Ambiente que culmina este domingo 5 co ‘Día Mundial do Medio Ambiente‘, que este 2022 cumpre 50 anos dende o inicio da súa conmemoración por parte das Nacións Unidas (ONU).

Dentro do programa Revitaliza, que vén de distinguir a este centro co seu selo, por parte da Deputación de Pontevedra, os membros de Colexio distinguíronse por sen quen de compostar todo o lixo orgánico producido no centro. Todos participaron na separación do biorresiduos para a produción do compost -dende o alumnado, pasando polos profesores e o persoal de cociña-.

Non é un feito illado, senón que é xa un costume adoitada dende o ano 2017 no que comezaron con dous composteiros individuais que hoxe é un ‘centro de compostaxe comunitario’– que permite usar os refugallos da cociña e do comedor escolar, producir compost e empregar o mesmo na horta, que xa ten seis cultivos de distintos produtos empregados no xantar diario.

Manifestación

Os actos a favor do Medio Ambiente abranguen diferentes iniciativas e mobilizacións, como a manifestación convocada por 217 colectivos para demandar unha «alternativa enerxética» aos proxectos eólicos, como o de San Nomedio, a favor de enerxías renovables, mediante un modelo enerxético «xusto e sostible».

A marcha comezará ás 12:00h. na Alameda de Compostela e chegará á Praza do Obradoiro onde está precista a lectura do manifesto ‘Temos Alternativa’, nun acto conducido pola actriz Isabel Risco.

‘Apagón’

Do mesmo xeito, distintos colectivos, asociacións e administracións públicas promoven o apagado de edificios oficiais e monumentos, mesmo as luces dasa casa durante unha hora, de 10 a 11 da noite, deste domingo, unha inicitiva que apoia o Concello das Neves.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ada por 217

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email