Concello das Neves

As Neves, mellor sen tabaco

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

-Alumas e alumnos do Colexio e do Instituto das Neves forman un gran lazo branco para sensibilizar sobre a necesidad de crear novos espazos sen fume

A Asociación Española contra o Cancro de Pontevedra, presentou este venres na Neves o seu proxecto ‘Espazos sen Fume’. Trátase dunha iniciativa que promove a creación de ambientes libres da exposición ao fume nocivo do tabaco tradicional e do electrónico, en espazos abertos ao público.

Dende que asinaron un convenio, a Asociación Española contra o Cancro e o Concello das Neves, a Praza do Concello e o perímetro do parque infantil que está preto, son Espazos Libres de Fume nos que está prohibido fumar. Os sinais da zona indican que é así co obxectivo de lograr unha contorna saudable que axude a reducir os casos de cancro.

‘Día Mundial Contra o Cancro de Pulmón’

Coa vista posta no ‘Día Mundial contra o Cancro de Pulmón’, o vindeiro 17 de novembro, a Asociación contra o Cancro e o Concello deron a coñecer ás veciñas e veciños esta iniciativa nun acto simbólico ao que acudiron Rebeca Castro, Técnica de Prevención e Coordinadora de Voluntariado da Asociación Española Contra contra o Cancro; Óscar González, segundo Tenente de Alcalde das Neves; Pilar González Casas, Concelleira de Ensino e Benestar Social ; Lara María Fernández e Rosana Carpintero, Directora e Profesora, de EFA A Cancela, e Eduardo Carril, Subdirector do IES Pazo da Mercé.

Ademais dunha mesa informativa, na que voluntariado e profesionais da Asociación presentaron a normativa, informaron sobre a iniciativa e explicaron cal é a relación directa entre tabaco e cancro de pulmón, alumnado del EFA A Cancela e do IES da Pazo da Mercé, participaron nun acto no que formaron con globos un lazo branco, símbolo da loita contra o cancro de pulmón.

«Está demostrado que o tabaco é o principal factor de risco para o cancro de pulmón. Por iso, dende a Asociación aproveitamos para reivindicar a necesidade da creación de novos Espazos Sen fume, como o que presentamos nas Neves», explica Rebeca Castro.

Cancro de pulmón e tabaco

O cancro de pulmón, con 2.039 novos casos en Galicia no que vai deste ano 2022, ocupa o cuarto ligar en incidencia na nosa provincia, con 664 novos casos e, ademais, é a primeira causa de morte por esta enfermidade.

O tabaco é responsable do 82% dos casos de cancro de pulmón. Entre o 80-90% dos cancros de pulmón danse en fumadores, ou en persoas que deixaron de fumar hai pouco. O risco de padecer cancro de pulmón é entre 20 e 25 veces superior entre fumadores (tanto homes como mulleres) que entre non fumadores e aumenta en función dos anos no que se estivo fumando, o número de cigarros se fuman e cando máis nova era a persoa cando comezara a fumar.

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email