Concello das Neves

As Neves súmase á estratexia para atraer máis financiamento europeo ao territorio transfronteirizo do Miño

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, asistiu en Tui a unha reunión entre representantes da Agrupación de Cooperación Territorial do Río Miño Transfronteirizo (AECT Rio Minho), o CIM Alto Minho e a Deputación de Pontevedra, para coordinar actuación que facilite atopar sinerxias para que o territorio do Miño multiplique o seu financiamento europeo no novo marco comunitario 21-27.

Os distintos alcaldes e alcaldesas, presidentes das cámaras municipais e representantes provinciais aproveitaron a xornada de traballo para a preparación de proxectos europeos para a zona.

Acadar máis de 6 millóns

O obxectivo é superar os 6 millóns de euros acadadados entre 2014 e 2020, dos fondos do Programa de Cooperación Transfronteirza (POCTED), unha cantidade que non supera 0 2% dos 300 millóns dispoñibles para a UE, e que considérase moi escasa para un territorio tan extense e tan afectado pola COVID nos dous últimos anos.

“Só unidos, facendo lobby, poderemos reclamar e presionar para ter fondos”, sinalou o deputado provincial de
Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Uxío Benítez, que fixo de condutor das xornadas.

Marca Turística Río Minho e Anel Verde de Sendeiros

O obxectivo será aumentar o volume de recursos a investir no territorio, como a valorización da marca turística Rio Minho e a creación dun Anel Verde de sendeiros, a mobilidade suave, a gobernanza conxunta e a dinamización económica.

Para obter resultados con actuacións concretas o territorio botará man das ideas da Estratexia 2030 con achegas de 44 axentes locais do territorio nos últimos anos, principalmente os concellos miñotos.

175 inicitivas e accións

Nela recóllese unha batería de 175 iniciativas e accións ás que se poden sumar de maneira continua novas propostas que poderán presentarse ás candidaturas que se abran para acadar fondos europeos.

Outra das ideas que se puxo sobre a mesa é a necesidade de diversificar a consecución de financiamento para o territorio e non limitarse a aproveitar os fondos do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, senón optar tamén aos fondos de resiliencia e  de Reto Demográfico.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email