Concello das Neves

CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS: INFORMACIÓN SOBRE DISTANCIAS E XESTIÓN DA BIOMASA

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

José Manuel Alfonso González, Alcalde-Presidente do Concello de As Neves,

FAI SABER:

O valor que o monte desempeña ven sendo ameazado pola propagación de incendios forestais afectando á súa riqueza ambiental e paisaxística e ás actividades agroforestais que nel se desenvolven, poñendo en risco a integridade das persoas.

A lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia ten contempladas as medidas preventivas que facilitan a loita contra o lume así como estratexias de extinción.

As medidas a tomar son:

  • Respectar as distancias das plantacións.
  • Evitar o abandono do monte.
  • Controlar o crecemento da biomasa nas parcelas.

Debe lembrarse:

  • De alertar de calquera actividade delituosa que se vexa.
  • En caso de lume alertar ao 085.

A lei mencionada recolle no artigo 21 as obrigas dos particulares.
No suposto de incumprimento os entes locais procederán a advertirlle e a instruír o correspondente procedemento sancionador.

Na páxina web do Concello “www.asneves.gal” os veciños dispoñen dun enlace ao visor de faixas da Xunta de Galicia, no que poderán comprobar as parcelas que deben ser rozadas.

* Recoméndase contar coa referencia catastral ou o polígono e parcela dos montes/fincas, para facilitar a consulta.

Os martes e xoves dos meses de xullo, agosto e setembro en horario de 16:30 a 18:30, estará o Concelleiro de Medio Ambiente atendendo de maneira presencial no concello, para informar aos veciños sobre temas relacionados coa citada área.

Xunto con este bando achégase esquema de distancias entre plantacións de eucaliptos, piñeiros e acacias, así como especies frondosas caducifolias (ameneiro, bidueiro, castiñeiro, carballo, loureiro,…).

EVITEMOS ENTRE TODOS OS INCENDIOS FORESTAIS

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email