Concello das Neves

O Concello das Neves lanza a contratación dun peón forestal (subvención APROL)

Proceso de contratación laboral temporal dunha persoa desempregada, ao abeiro da orde de 9 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 22 do 1 de febreiro de 2023.), da Consellería de Emprego e Igualdade para o fomneto do emprego no medio rural (APROL rural) Documentos do proceso: Bases de selección Data e hora da proba práctica … Leer más

O alcalde urxe á apertura inmediata do acceso á PLISAN dende a rotonda da PO-400 en Liñares

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, vén de instar, novamente, á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, e aos outros dous promotores da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves, o Consorcio da Zona Franca e a Autoridade Portuaria de Vigo, a que abran canto antes ao tráfico o acceso á PLISAN dende a … Leer más

O Concello das Neves contrata a 10 persoas desempregadas, a xornada completa, con cargo ao ‘Plan Concellos’ da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra aprobou a concesión dunha subvención ao Concello das Neves, ao abeiro do ‘Plan Concellos 2023′, Liña 3, para a activación do Emprego, por importe de 125.398,98 euros. Con cargo aos mesmos o Concello das Neves contratará a 10 persoas desempregadas, a xornada completa durante o ano 2023: Dous Fontaneiros, 6 meses, tres peóns … Leer más

Proceso selectivo de estabilización de 13 prazas de persoal laboral fixo e funcionario, no Concello das Neves

Trátase dunha convocatoria que é de quenda libre e ten coma obxectivo a mellora na prestación dos servizos públicos. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o día 25 de marzo de 2023 a convocatoria dunha Oferta de Emprego para cubrir 13 postos de traballo, de funcionario e de persoal laboral fixo, para o Concello … Leer más

Axudas e subvencións para autónomos, entidades asociativas e tratamento de augas

A Xunta convoca varias axudas e subvencións, tal e como publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) 1. Programa do bono das persoas autónomas: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230124/AnuncioG0656-040123-0006_gl.pdf 2. Axudas Xempre autónomo para a promoción do emprego autónomo: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230124/AnuncioG0656-040123-0008_gl.pdf 3. Subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e a contratación … Leer más

Contratación de Conductor -Tractorista

O Concello das Neves abre o proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de ‘Condutor-tractorista’ a efectos de contratación laboral temporal para substitucións. 👉Duración do contrato: segundo o motivo que dea lugar á contratación. 👉 Características do posto – Condutor-tractorista – Réxime: Persoal Laboral interino – Sistema selección: Concurso-oposición – Categoría Laboral: Oficial … Leer más

O Concello das Neves realiza unha selección de operarios de servizos múltiples

O Concello das Neves vén de poñer en marcha un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de operarios de servizos múltiples a efectos de contratación laboral temporal para substitucións. Trátase dun concurso-oposición e o prazo para presentación de solicitudes é de 15 días naturais contados a partir deste xoves, día 21 de … Leer más

Este mércores, unha nova sesión dos ‘Talleres de Búsqueda de Emprego para Mulleres’

Este mércores día 6 de xullo, ás 10:00 horas, terá lugar no IES Pazo da Mercé  unha nova sesión dos ‘Talleres de Búsqueda de Emprego para Mulleres‘, organizados pola Fundación Mulleres e o Concello de As Neves. Neste caso o obxectivo é obter o carné de manipuladora de alimentos, requisito moi solicitado para distintos postos … Leer más

Selección de tres condutores de motobomba para campaña de 3 meses

O Concello das Neves vén de inciar o proceso de selección de tres condutores/as de motobomba para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais na campaña de 2022. So poderán optar a estes postos os candidatos/candidatas que remita previamente o Servizo de Emprego. As persoas interesadas poden consultar as Bases desta convocatoria en:  … Leer más

Municipalizado o Servizo de Limpeza dos edificios e dependencias municipais

Dende o pasado 1 de xuño, o Concello asumiu directamente o Servizo de Limpeza dos edificios e dependencias municipais. A medida aprobouse logo de que o pasado mes de febreiro, o Pleno das Neves dera o seu visto bo á aprobación inicial do estudo de custos sobre a viabilidade da municipalización do mesmo. Este servizo … Leer más