Concello das Neves

O Concello das Neves expresa o seu pesar pola morte de Benito Torreiro

A Corporación Municipal das Neves lamenta a  tráxica morte de Benito Torreiro Sío. Benito, diplomado en Ciencias Sociais e Educación Infantil, tivo unha destacada traxectoria no eido do Ensino, sendo mestre na Escola Unitaria de Tortoreos, socio fundador do Movemento de Renovación Pedagóxica ‘Escola Viva’ e secretario Comarcal da Federación de Ensino (FETE-UXT) en Vigo. … Leer más

Presentado o libro-USB ‘Meniños Cantores 2’

O pasado venres presentouse o libro-USB ‘Meniños Cantores 2′ que promove a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! Coa asistencia do alumnado da Escola Infantil de Taboexa, xunto coa profesora Karina Mouriño, a portadora Marina Moldes, o membro do grupo A Roda Alfredo, e as concelleiras de Cultura e Ensino, Rocío Barreiro e Mª Pilar González Casas xunto con Xerardo Feijoo … Leer más

Melloras nas Escolas Unitarias de Rubiós e Taboexa

O Concello segue mellorando e mantendo as escolas unitarias. Recentemente, en Rubiós, colocáronse dous radiadores máis e, en Taboexa, realizouse a limpeza de humidades e pintado da cociña e da sala de xogos. Estes traballos súmanse aos realizados nos pasados seis anos, como os de 2020, coa colocación da nova calefacción nas aulas de Taboexa; a retirada das reixas … Leer más