Concello das Neves

Charla sobre estafas, este martes, día 1, nas Neves, a cargo dun especialista da Garda Civil

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Lembra que este martes, 1 de marzo, ás 6 da tarde, no Salón Multiusos do edificio de Servizos Sociais das Neves, Miguel Ángel Estévez Vilar, cabo primeiro da Garda Civil de Salvaterra do Miño falará sobre a ‘Prevención de Estafas’.

Non hai un dato obxectivo sobre a cuantía das estafas no país, pero algúns datos indican que poderían superar os 700 millóns de euros anuais, o cal fai que sexa un delito moi extendido.

Dacordo cos datos dos Corpos e Forzas de Seguridade – Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local- os estafadores estudan ben ás súas vítimas e buscan aquelas que poden ser máis vulnerabeis, especialmente persoas maiores, sen emprego ou con necesidades económicas.

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email