O Concello das Neves abre o proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de ‘Condutor-tractorista’ a efectos de contratación laboral temporal para substitucións.
👉Duración do contrato: segundo o motivo que dea lugar á contratación.
👉 Características do posto
– Condutor-tractorista
– Réxime: Persoal Laboral interino
– Sistema selección: Concurso-oposición
– Categoría Laboral: Oficial 1a
– Grupo equivalente: C2
👉 Prazo de presentación de instancias de 5 días naturais dende o día seguinte ao anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), que podes consultar aquí: ANUNCIO DA BOLSA DE TRABALLO CONDUCTOR TRACTORISTA.
👉Bases para o posto, entrando aquí: Bases da convocatoria da Bolsa de Traballo
👉Solicitude e declaración responsable: Anexo I – Solicitude e Anexo II – Declaración Xurada