Concello das Neves

Explotación da cantina das piscinas municipais e servizo de limpeza e mantemento das instalacións

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Concello das Neves vén de publicar as condicións administrativas para a contratación do Servizo de Limpeza e Mantemento das Piscinas Municipais durante este verán de 2023.

O obxecto deste contrato é a realización de traballos de limpeza e mantemento ordinario de instalacións das piscinas municipais, entre estas, atención do pequeno bar existente.

Os servizos que se realizarán son os seguintes:
Limpeza, fregado, desinfección e mantemento ordinario das piscinas municipais (excepto limpeza e mantemento da auga das piscinas e das zonas verdes, que se executará por conta do Concello), dos baños e demais instalacións situadas neste recinto.

Colaboración na vixilancia do bo uso das instalacións obxecto desta adxudicación por parte dos usuarios, incluído o control do seu aforo vixente en cada momento e do horario de uso das instalacións, tanto de baño como no resto do recinto.

O prazo para as solicitudes é de 10 días naturais.

As condicións do contrato poden consultarse  premendo aquí. 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email