Femupo ( Federación pola Igualdade das Mulleres da provincia de Pontevedra) en colaboración co Concello de As Neves, activa o ‘Plan Corresponsables’ para dignificar o sector dos coidados e favorecer a conciliación de familias con menores dende un enfoque de igualdade entre mulleres e homes. Ofrecerase formación co obxectivo de transformar en actividade laboral regulada o coidado de menores.
O Plan Corresponsables Femupo xorde baixo un convenio de colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. O obxectivo é desenvolver un dos principais eixes do Plan Nacional de Corresponsables que consiste transformar o coidado de menores en actividade laboral regulada e facilitar a conciliación familiar e laboral.
Mulleres de máis de 16 anos: Certificado de Profesionalidade
Un dos principais eixos do Plan Corresponsables Femupo é a formación gratuíta para que mulleres de máis de 16 anos poidan acceder ao Certificado de Profesionalidade no coidado de menores de 16 anos necesario para traballar en ludotecas, coma coidadoras en Escolas Infantís , no transporte escolar ou en comedores escolares, entre outros.
Censo laboral
O Plan contempla ademais a creación dun censo laboral que se porá a disposición de empresas e administracións que busquen persoas dispostas a traballar no coidado de menores.
Con esta iniciativa, búscase favorecer que as mulleres poidan acceder a empregos de calidade nos seus lugares de residencia ou exercer profesionalmente unha actividade que viñan desempeñando de maneira non formal.
Inscrición
As persoas interesadas en participar poden inscribirse no apartado ‘Súmate’ da páxina web do Plan Corresponsables Femupo (https://femupocorresponsable.wixsite.com/femupo) ou a través dos Servizos Sociais do concello ( Tfno: 986 667 134 ou a través do correo electrónico servizossociais@asneves.gal
Importante: Os cursos levaránse a cabo no mes de novembro sempre que haxa un grupo mínimo de 10 persoas e son totalmente gratuítos.