Concello das Neves

Voluntariado As Neves fai público, un ano máis, o estado da conta “As Neves Zona 0”

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Como xa é habitual, Voluntariado As Neves fai público, un ano máis, oestado da conta ‘As Neves Zona 0’👉  CONTAS As Neves Zona 0,  así como as actividades nas que estivo implicada e iniciativas nas que participou.

Durante este último ano continuamos colaborando con todos os centros escolares das Neves a través do proxecto “O monte nace na escola”, levándose a cabo os obradoiros “Desplastifícate”,en todos os centros, ademais de apoiar  nas hortas e plantacións do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, e Escolas Unitarias de Rubiós e Taboexa, no xardín comestible da EFA A CANCELA  e na plantación de árbores no entorno do IES Pazo da Mercé.

Agradecemento especial,por segundo ano consecutivo,  merecen ás nosas “Cortadoras e Costureiras Voluntarias” que, desde o curso pasado, veñen colaborando na confección de portabocatas e bolsas de tea reutilizables que foron entregados ás nenas e nenos que estudan nos nosos centros, co fin de  motivalos na eliminación de materiais non reutilizables e poñer así en práctica o aprendido nos obradoiros impartidos.

Quedamos, coma sempre, á vosa disposición para calquera aclaración en voluntariadoasneves@gmail.com.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email