O Concello recolleceu o excelente labor que fixeron as ‘costureiras’ que, nos últimos anos, confeccionaron os portabocatas e as bolsas para o alumnado dos centros educativos das Neves.
O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar González Casas, agradeceron o traballo incansable destas mulleres que conseguiron, «cortando e cosendo con agarimo», facer mellor o proxecto ‘O Monte Nace na Escola’, cando se cumpren 5 anos dos lumes que sufriu as Neves en outubro de 2017.
Xunto a elas, no acto que tivo lugar na Escola Unitaria de Rubiós, estaba Clara Troncoso Pereira, a alumna que fixo o logo do proxecto «O Monte Nace na Escola», cando estudiaba 5º curso no “Ceip Marquesa do Pazo da Mercé”, durante o curso académico 2018/2019.