O Concello das Neves abre este mércores, 1 de xuño, e ata o vindeiro día 17, -ámbolos dus dous incluidos- o prazo de inscrición nos Campamentos Municipais de Verán.
Facilitar a conciliación
Os campamentos teñen coma obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ocupando o tempo libre das crianzas en idade escolar de forma organizada e planificada, por medio de actividades que potencien a corresponsabilidade en todas as esferas da vida. As cativas e cativos achegaranse, de xeito divertido, aos recursos paisaxísticos, culturais e de lecer da súa contorna.
Actividades
As actividades comprendidas nos Campamentos Municipais das Neves deste verán abranguen obradoiros, manuelidades; actividades ao aire libre, xogos populares, obradoiros de cociña, ciencia, expresión corporal música ou contacontos.
Haberá tres grupos de cativos, en deles en Cerdeira, outro en Rubiós e o terceiro en San Xosé de Ribarteme. As datas dos campamentos serán do 4 de xullo ao 2 de setembro, de luns a venres (agás os días 25 e 29 de xullo e 5 e 15 de agosto) en horario de 09:00-14:00h., existindo a posibilidade de que empecen ás 08:00h. segundo as necesidades das familias.
Nenas e nenos de 3 a 12 anos
Estes campamentos están destinados a nenas e nenas de 3 a 12 anos, cumpridos nas datas de presentación da solicitude. Terán prioridade:
- As pequenas e pequenos que estean empadroados nas Neves
- Aquelas persoas que xustifiquen necesidade por motivos laborais
- As que conten cun informe xustificativo dos Servizos Sociais
- Familias numerosas e monoparentais
As condicións, información e requisitos para os campamentos, así como a documentación necesaria para realizar a solicitude poden consultarse aquí:
- Información
- Solicitude de praza
- Ficha do menor
- Declaración sobre actividade laboral
- A documentación pode mandarse por correo electrónico a servizossociais@asneves.gal
- Ingreso na conta do Concello : ES45 2080 5434 0731 1010 0021 (Concepto: Campamento Verán, quenda e o nome do menor)