Concello das Neves

‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’, nas Neves

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

As Neves recibiu unha nova edición do programa da  Deputación de Pontevedra  “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, que ten coma obxectivo concienciar desde a arte contra as violencias machistas.

Hoxe presentou unha acción titulada “O lugar da fenda”, protagonizada pola ceramista Verónica Moar e a bailarina e coreógrafa Rut Balbís.

A Casa da Xuventude contou coa asistencia e participación dun grupo de alumnos e alumnas do IES Pazo da Mercé, así como da deputada de Igualdade, Victoria Alonso, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez e as concelleiras de Cultura e Ensino de As Neves, Rocío Barreiro e Pilar González.

Nesta edición recupérase a precursoras do programa, artistas que estes anos fixeron emerxer, crecer Violencia Zero e xerar alianzas entre elas ou con novas colaboradoras, ideando xuntas pezas inéditas. A bailarina e coreógrafa Rut Balbís xa participara na edición 2020-2021 e agora faino en colaboración coa ceramista e creadora Verónica Moar.

“O lugar da fenda” é un diálogo performativo entre as protagonistas. Neste encontro único as dúas creadoras conversan desde os seus universos particulares, a cerámica e a danza, para crear unha atmósfera onde ambas se senten cómodas.

O público en As Neves asistiu a un diálogo entre os materiais e os corpos, entre o contido e o contexto, desde o silencio e o íntimo. O obxectivo das artistas era propiciar que o alumnado do IES Pazo da Mercé se relacionase co mundo da danza e a cerámica dun xeito directo.

Na representación empregáronse pezas de porcelana en diferentes estados para crear unha paisaxe emocional e reflexionar conxuntamente sobre conceptos como vulnerabilidade, fractura, silencio, dor e resiliencia.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email