Aínda hai prazas para o programa «Coidados Porta a Porta» que presta, de xeito gratuito, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores, en unidades móbiles que estarán nas Neves, os vindeiros días 4,5 e 6 de maio, nos arredores do Centro de Saúde.
Como solicitar cita?
Chamando ao teléfono 622 748 283 ou por correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
Os servizos que prestan son os seguintes:
Servizo de Audioloxía: consistente en revisión e valoración auditiva.
Servizos de podoloxía: para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas)
Servizos de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Consistente en: realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.