Concello das Neves

O alcalde asiste á presentación dos novos proxectos financiados polos fondos Next Generation na provincia

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, asistiu este xoves en Pontevedra á presentación, por parte do delegado do Goberno, José Miñones, a presidenta, Carmela Silva, e o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, dos novos proxectos que estarán financiados na provincia con cargo aos fondos europeos Next Generation.

Os mesmos- que suman xa un total de 22- teñen como base o  fortalecemento do comercio local da provincia e impulso á sostibilidade turística no destino e mobilizarán un total de 5,6 millóns de euros.

As Neves, ‘Unha terra entre ríos’

O Concello das Neves participa no programa, ‘Unha terra entre ríos’, destinado ao Condado Paradanta. Este proxecto ten como obxectivo dispoñer dunha estratexia turística intelixente e sostible, como ferramenta de dinamización territorial que permita dar profundidade, calidade e variedade á oferta, activando recursos culturais e naturais e mellorando a calidade das experiencias turísticas.

A inxección europea ao mesmo é de 1,5 millóns e ten 12 actuacións, que inclúen traballos de renaturalización nas ribeiras dos ríos Deva, Tea, Oitavén e Miño; un plan de iluminación eficiente do patrimonio protexido de carácter turístico, a redacción dun plan integral de mobilidade do destino Condado Paradanta.

 

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email