Concello das Neves

O Concello facilita o acceso as súas casas a veciñas e veciños de todas as parroquias das Neves

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Destina este 2022 máis de 120.000 euros ao Plan Municipal de Accesibilidade 

O Plan de Accesibilidade das Neves 2019-2023 avanza a bo ritmo, realizando os traballos proxectados, tanto por parte do persoal municipal como mediante a contratación de obras externas, para cumprir co obxectivo de facilitar a accesabilidade das veciñas e veciños ás súas casas.

Nas últimas semanas, os traballadores do Concello teñen executadas melloras nos accesos nos barrios de Bocas, A Porqueira, A Costa e o Reguiño que, na maior parte dos casos, significaron pasar de ter un camiño de terra e embarrado no inverno a dispor, agora, dun camiño de formigón que permite mellor acceso as vivendas.

Trátase dunha iniciativa ‘transversal’, na que participan distintos departamentos e varias concellerías encargadas, primeiro, do estudo de necesidades, en segundo lugar de entrevistarse cos veciños e, por último, deseñar as actuacións a realizar.

Esa labor inclúe xestións que teñen unha importancia capital: a cesión de terreos que permite ao Concello actuar, ampliando camiños e pistas nas que, na maioría dos casos, realízanse asfaltados, o cal favorece o acceso de vehículos de servizo e de urxencias, ademáis dos particulares.

Novos traballos

Nos vindeiros días comezarán os traballos de maior tamaño nos barrios de Pasqueixóns, no da Carrasqueira, con dous camiños, e na Escaravilleira. Estas obras van dar acceso a vivendas a varias familias que dende hai uns meses son novos habitantes das Neves.

O Plan de Accesibilidade do Concello das Neves 2019-2023 intervirá en tódalas parroquias, dando prioridade ás necesidades máis urxentes. Así, antes de finais de ano estarán rematadas obras en San Xosé de Ribarteme, As Neves, Setados, Cerdeira, Santa Eulalia de Batalláns, Taboexa e Santiago de Ribarteme, completando ás de 2021, que permitiron mellorar a vida a veciñas e veciños de San Pedro de Batalláns, Rubiós, San Cibrán de Ribarteme e Vide.

A estas accións súmanse outras como a conservación de vías, reasfaltados, retirada de raíces ou ‘bacheados‘, executadas con outros fondos e que so este 2022 abrangueran máis de 20 quilómetros de  estradas.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email