Dende hai varios días, o Concello está a levar a cabo unha ‘Campaña de Educación e Concienciación Vial’ coa finalidade de evitar que os vehículos estacionen en lugares prohibidos, dentro do casco urbano.
Aparcar mal afecta ás persoas
Aparcar mal pode afectar a persoas con mobilidade reducida, impedindo que se despracen con tranquilidade. Tamén pode supoñer un perigo para os peóns e para o resto dos condutores, ademais de causar problemas aos vehículos de servizo, carga e descarga o aqueles que teñen que teñen que parar para deixar o recoller a persoas maiores.
Para acabar con esta situación, que en moitos casos repítese a diario, o axente da Policía Local fai percorridos tomando nota dos coches que están aparcados en zonas prohibidas, comprobando si son reincidentes e levando un rexistro dos mesmos.
As Neves conta con aparcamentos públicos e gratuítos
Dende o Concello apúntase que hai habilitadas no centro das Neves varias zonas de estacionamento público e gratuíto nas que deixar o coche con total tranquilidade e sen molestar ou interromper. Tamén adiantan que, ante situacións reiteradas no tempo de incumprimento das normas, se tomarán as medidas precisa para facer cumprir o Regulamento de Circulación.