Concello das Neves

O Concello municipaliza a recollida de envases plásticos

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Dando un paso máis na xestión do lixo, dende primeiros de 2022 o Concello das Neves asumiu directamente a xestión do servizo de recollida de envases plástico, que ata agora prestaba a empresa privada Urbaser.

Nos últimos anos a dotación de contedores, a mellora das frecuencias, a concienciación e o Plan Revitaliza triplicaron as toneladas de envases recollidas. En cifras, no ano 2015 foron tan só 15 toneladas, mentres que no 2021 o total achegouse ás 55 toneladas de envases plásticos.

Aposta pola redución

«O Concello aposta pola redución antes que a recollida» por iso, ao igual que no plan Revitaliza, o residuo orgánico vai ao composteiro e xa non se recolle; no tocante aos envases quere concienciar da redución necesaria dos plásticos dun único uso apostando por outras formas de consumo, subliña o segundo tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente,Óscar González.

Mesmo así, dende xa, o Concello das Neves comezou a recoller os envases con persoal e medios propios, o cal, entende o Goberno local, redundará nunha maior eficiencia do servizo e economicamente tamén beneficiará ás veciñas e veciños das Neves, ao quedar o beneficio da empresa privada nas arcas municipais para seguir a mellorar o mesmo.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email