Concello das Neves

O Concello pon a disposición da veciñanza un Servizo de Préstamo de Biotrituradoras

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Concello das Neves, vai poñer a disposición da veciñanza un Servizo de Préstamo de Biotrituradoras que ten coma finalidade fomentar a correcta xestión dos residuos de orixe vexetal, xerados no ámbito municipal.

👆 Deste xeito, todas e todos estamos contribuíndo a evitar que estes residuos rematen no circuíto de recollida do lixo, cos conseguintes custes asociados a danos materiais e de xestión.

✌️ Ademáis, será posible obter un produto de valor engadido para o programa de compostaxe do Concello, que pode ser empregado como estruturante, ou incluso como material de acolchado para horta e xardín.

👌 Por último, axudaremos a evitar as queimas acorde á lexislación vixente, minimizando riscos de incendio e contaminación ambiental.

Funcionamento

O sistema de préstamo está composto por biotrituradoras eléctricas, localizadas en dependencias do Concello das Neves, onde poderán ser recollidas polas persoas usuarias. Poderán ser usuarias deste  servizo municipal as persoas maiores de idade, con domicilio nas Neves, dadas de alta no Concello como participantes na compostaxe doméstica. Ademais, deben atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias en materia de residuos co concello.

 

Normas de uso e solicitude

Este servizo está regulado por una norma, que pode consultarse premendo aquí, e as biotrituradoras solicitaranse mediante a presentación do modelo de solicitude dispoñible no rexistro municipal ou na páxina web do Concello, este: solicitude de préstamo.

Esta solicitude deberá ser presentada, polo menos, cunha semana de antelación ao día que pretende retirar a trituradora.

Que se pode triturar?

O emprego da maquinaria limítase á trituración de restos leñosos procedentes de podas domiciliarias: ramas de árbores froiteiras, viña, árbores ornamentais, restos de xardinería, etc.

Non pode usarse para restos verdes non leñosos: herba, restos de flores, follas, plantas arricandas, cepellóns, etc. Tampouco para restos de madeiras procedentes de mobles e materiais duros tales como ferros, pedras.

Folleto Servizo biotrituradoras

Guía rápida biotrituradoras

 

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email