Concello das Neves

O Concello segue adiante coas obras de accesibilidade, en Santiago de Ribarteme, Santa Eulalia de Batalláns e Taboexa

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Goberno local segue adiante cos traballos de mellora da accesibilidade e seguridade vial, dentro do Plan de Accesibilidade do Concello das Neves 2019-2023, financiado polo ‘Plan Concellos 2022’ da Deputación de Pontevedra, cun orzamento de 118.994,86 euros.

As obras, adxudicadas a Construcciones Vale S.L., teñen como finalidade facilitar a accesibilidade das veciñas e veciños ás súas casas. Na maior parte dos casos estes traballos logran que se pase dun camiño de terra, embarrado no inverno, a contar cun novo, de formigón ou asfalto.

Os mesmos inclúen multitude de xestións previas, como a cesión de terreos, que permite ao Concello actuar, ampliando camiños e pistas favorecendo o acceso de vehículos de servizo e de urxencias, ademáis dos particulares.

Obras en marcha

Agora mesmo, están en marcha, a piques de rematar ou rematadas, diferentes obras, entre elas:

  • Escaravilleiraparroquia de Santiago de Ribarteme,  consistente no reasfaltado e ampliación de pista gracias a cesións dos veciños.
  • Pasqueixóns – Santa Eulalia de Batalláns. Conversión de pista de terra en asfaltada. Acceso a 2 vivendas e resolución de encharcamento dese camiño.
  • Carrasqueira – Taboexa. Conversión de pista de terra en asfaltada. Conexión de 2 puntos do barrio. No tramo hai 4 casas, 2 delas en rehabilitación logo de anos de abandono e tamén outras 2 casas novas en construcción.
  • Carrasqueira – Taboexa. Outra pista pequena que tamén está en terra e se asfalta, e que da acceso a 2 casas.
Facebook
Twitter
WhatsApp
Email