Concello das Neves

O Concello traballa para devolver a normalidade ás zonas castigadas polo temporal

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Inundacións, desprendimentos, estradas e camiños cortados ou dificultades para circular, son algúns dos efectos do temporal de choiva e vento que chegou á súa intensidade máxima o día de fin de ano, e que causou danos en diferentes parroquias, os principias en Santa Eulalia de Batalláns, San Pedro de Batalláns e Taboexa e tamén en Tortoreos, Rubiós ou Setados.

Dende o pasado día 31, empregados municipais e os concelleiros de Vías e Obras e primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e de Servizos, e segundo tenente de alcalde, Óscar Gónzalez, traballan para arranxar.

Os esforzos nas últimas horas, aproveitando o cambio das condicións meteorolóxicas que supuxo o cese das precipitacións, céntranse en deixar transitabeis camiños e accesos imprescindibles para que os veciños poidan recuperar a súa vida normal e eliminar o perigo en zonas que se derrubaron ao longo dos días pasados. Ao mesmo tempo, o Concello está levando a cabo a valoración dos moitos desperfectos e avarías que deixaron a choiva, que superou os 80 l/m2 en varios momentos, e o vento -de máis de 70km/h-  ao seu paso, dende caída de árbores, pasando por cortes nas liñas do subministro eléctrico ou telefónico, saneamento ou o pavimento.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email